Cambados presenta unha programación ampla e variada para conmemorar o 8m

CAMBADOS> Cambados prepara unha ampla variedade de actividades diversas e para todos os públicos para conmemorar o 8M. Dende marzo ata abril, poderá gozarse na vila de exposicións, actos, obras de teatro e charlas. Entre as actividades destacan a gala da muller e mulleres na vila que este ano homenaxearán ás mulleres comerciantes.

O concello de Cambados mostra un ano máis a súa implicación na loita pola igualdade. O concello presentou este xoves unha ampla variedade de actividades para conmemorar o 8M. As accións comezarán o día 2 de marzo coa exposición de fotografía Non Somos Números, continuará o día 4 co foro emprende con m e ese mesmo día terá lugar a actividade mulleres na vila e a gala da muller, este ano centraranse nas mulleres comerciantes.

O día 8 terá lugar a lectura do manifesto coa presenza da caravana morada e dos máis mozos da vila. Precisamente para eles vai dedicada a actividade Sendere.

O 7 e o 14 de marzo terá lugar a actividade claves para unha comunicación afectiva. Tamén continuará o obradoiro mulleres na historia.

Entre abril e maio terá lugar a segunda parte de namórate de ti, a exposición fotográfica da primeira parte da actividade. A programación continuará o 15 de abril cunha excursión para mulleres a Lugo. Outra das novidades deste ano será un Skape Room o día 21 de abril, de novo dedicado á mocidade.

O 6 de maio representarase a obra de teatro Taboo e o 13 a obra Brockeback Sabucedo centrada no colectivo Lgtbi+ e rematarase a programación o 15 de maio coa festa da diversidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí