Os talentos de Valle Inclán e Migues, xuntos no centro de Vilanova

    valle_13.04.07__still_100.jpgVILANOVA > Durante esta xornada os personaxes de Valle-Inclán pasaron da súa obra ó mundo real.

    O arte do escultor Lucas Migues puídose comprobar na inauguración das estatuas baseadas nos personaxes do escritor. Trátase dunha iniciativa elaborada dentro do Plan de Dinamización Turística do Salnés.

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o presidente da Fundación Valle- Inclán e ex-presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor e Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova. Todos eles estiveron presentes nesta inauguración. Todos eles loubaron a obra de Lucas Migues, tanto as autoridades como os veciños, concluíron que se trata dunha gran exposición. Gerardo Fernández Albor, presidente da Fundación Valle-Inclán, afirmou que se trata da mellor exposición de esculturas sobre Valle Inclán. Lucero, María Gaila, o Príncipe de Verdemar, o Marqués de Bradomín e Max Éstrella e Don Latino foron os personaxe elixidos para adornar as rúas de Vilanova. O escultor mostrouse ledo e humilde ante a reacción do público.

    As esculturas a tamaño natural gustaron e moito. Unha oportunidade orixinal de achegarse a obra dun mestre de mestres.

    Redacción Salnés