Os ribeireses poderán renova-la tarxeta do paro a través dun punto informático

    puntoinformativoinem_100_130407.jpgRIBEIRA > Os ribeireses terán máis preto a súa oficina de emprego grazas á instalación no concello dun punto de información do Servizo Galego de Colocación.

    A instalación deste novo punto de información é un paso mais adiante no camiño para achegar as institucións ós cidadáns. A través deste terminal informático, calquera persoa poderá realizar a renovación da demanda de emprego sempre que previamente teña rexistrada a súa pegada dixital nunha oficina de emprego.

    Ademais desta función principal, as persoas que utilicen o punto de información do Servizo Galego de Colocación poderán consultar ofertas de traballo e diversas informacións relacionadas coa demanda de emprego e a formación.

    A instalación do punto informativo en Ribeira facilitará a realización deste trámite a tódolos ses cidadáns que, ata o de agora, tiñan que desprazarse ata Boiro para selar a tarxeta de desemprego.

    Aínda que polo momento só é posible realizar a renovación da tarxeta de desemprego, o Servizo Galego de Colocación ten previsto amplia-las súas funcións nun futuro. Dentro duns meses, poderase realizar a renovación dos datos persoais a través deste punto de información.

    Redacción Barbanza