Unha mostra didáctica con trucos para coidar o medio ambiente

    exposicionosecolatas100_160407.jpgRIBADUMIA > ‘Os Ecolatas’ acaban de aterrizar en Ribadumia para axudar a pequenos e maiores a salvar o planeta. É unha exposición da Fundación Caixa Galicia …

    … sobre a ecoloxía e a protección ó medio ambiente.

    Desde hoxe e ata finais deste mes, a Casa de Cultura de Ribadumia acolle a mostra Os escolatas, ¿axúdasnos a salvar o planeta?. Composta por 21 paneis informativos e explicativos, a exposición conta cun deseño moi atractivo para espertar o interese dos nenos. Os contidos están estructurados en dous bloques, os principais problemas que sofre a terra nestes momentos e as posibles solucións con diversos trucos. Estará aberta de dez a dúas pola mañá e de cinco a oito pola tarde e anímase a visitala, ademais de ós escolares, ós adultos, en especial amas de casa. O venres haberá ademais un taller de reciclaxe para tódalas idades. Será de catro a sete da tarde na Casa de Cultura de Ribadumia.

    Redacción Salnés