As vendas online aceleran a desaparición do comercio local

VILAGARCIA> Os comerciantes lamentan que a campaña deste nadal sexa unha das peores dos últimos anos. Sinalan ao Black Friday e á venta online como as principais causas. Piden aos gobernos que modifiquen a lexislación para protexer aos pequenos negocios.

A campaña de Nadal é unha das épocas máis importantes para os pequenos negocios. As ventas dispáranse e o consumo aumenta o que favorece aos comercios. Sen embargo nos últimos anos as ventas destas datas están indo a menos. Os comerciantes sinalan ao Black Friday e venta onlina como as principais causas.

O peche de negocios estase acelerando cada ano. Os comerciantes piden unha regulación máis xusta para poder competir en igualdade de condicións coas grandes multinacionais.

A lexislación non é a única que xoga na súa contra. Dende os pequenos negocios intentan concienciar á veciñanza da importancia que os comercios teñen para as vilas.

A desaparición do pequeno comercio non afecta só a este sector. O peche das tendas acaba arrastrando a outros negocios.

Dende Zona Aberta tamén piden máis unidades aos pequenos negocios para loitar xuntos e facer máis forza. Pero é unha batalla na que tamén necesitan aos clientes e veciños para poñer freo a estas imaxes. (cerrado en breves)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí