A lei esixe levar os cans con correa e recoller os excrementos da vía pública

    VILAGARCÍA > Que os donos dos animais domésticos teñen as súas obrigacións, todos os sabemos aínda que ¿quen o cumpre?. A lei esixe  que todos os cans saian a vía pública atados e  obriga a os propietarios destes animais a que recollan os seus excrementos. A moitos cidadáns parece esquecérselles que para que unha sociedade funcione debe cumprirse as lei.

    A xunta de Galicia establece que é obrigación dos cidadáns recoller os excrementos dos seus animais, no caso contrario establécese unha multa de 300 euros. Un caso parecido pasa coas correas, o decreto 153/98 esixe que todos os donos leven os seus cans  atados tanto na vía pública como en parques ou xardíns sexa da raza que sexa. Do mesmo xeito os cans potencialmente perigosos deben levar bocal. O Incumprimento deste apartado considerase unha infracción grave polo que a multa ascende a 2404 euros. Pero todos os cidadáns o teñen claro?Xulguen vostedes mesmos.

     

    O certo que calquera veciño está no seu dereito de denunciar estas infraccións. No mesmo momento que vexan un can solto ou un dono que deixa os excrementos sen recoller están na obrigación de chamar a policía local. 

     

    Fai tan só uns días un  can que paseaba coa súa dona atado foi atacado por outro potencialmente perigoso que estaba solto . O resultado foi unha costela rota ,  unha perforación  pulmonar e a caída dunha persoa. A pasada semana escoitábase outra dramática noticia un can solto atacaba a unha meniña que permanece hospitalizada. Aínda que estas novas son moi comúns a cidadanía non se conciencia.

     

    Esta é só unha chamada de atención, vivimos nunha sociedade na que temos que convivir todos os días con centos de persoas que nos cruzamos na rúa. Respectemos as leis e nos respectaremos todos.

    Redacción Salnés