Amigos de Valle Inclán presenta unha edición de Luces de Bohemia en homenaxe ao centenario da obra

VILANOVA> A asociación de amigos de Valle Inclán presenta unha nova edición de Luces de Bohemia en conmemoración aos cen anos da súa publicación. O libro editado por Chema Paz Gago recolle as escenas que foron censuradas da escritura orixinal do autor vilanovés. A presentación tivo lugar na igrexa da Pastoriza tan vencellada á vida de Valle Inclán.

Vilanova continúa afondando na historia de Valle Inclán e poñendo en valor a súa obra. Froito deste traballo, a asociación amigos de Valle Inclán lanza unha nova edición de Luces de Bohemia editada por Chema Paz Gago. A presentación do libro tivo lugar na igrexa da Pastoriza como homenaxe aos cen anos da publicación orixinal.

O traballo de Paz Gago marcará o futuro desta edición. Xa que a obra inclúe as tres escenas que foron censurada pola revista España do texto orixinal de Valle Inclán.

As escenas censuradas son claves na obra e na visión da época de Valle Inclán. As súas obras inspiraron a outros artistas da época.

A asociación de Amigos de Valle Inclán entregou un libro a cada un dos socios que a compoñen. Pero o libro está tamén á venda para os interesados. Para adquirilo deben poñerse en contacto coa propia asociación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí