A escultura de Chazo vibra xa cos tres ventos no Peirao de Pasaxeiros

tresventos100_160407_001.jpgVILAGARCÍA > Un centenar de persoas acudiu o venres pola noite á inauguración da peza Tres Ventos, que preside o paseo do Peirao de Pasaxeiros.

Poemas e música de gaita serviron para inaugurar o pasado venres a escultura Tres ventos, obra de Manolo Chazo que preside a entrada de pasaxeiros do peirao de Vilagarcía. Da música fíxose cargo o gaiteiro Óscar Ibáñez e dos versos ós tres ventos encargáronse os escritores Anxo Pastor, Domingo Tabuyo e Daniel Pino, maila actriz portuguesa Paula Guedes, pero tamén o propio escultor. Unha Peza de ferro e bronce que supón ademais o regreso do metal a unha zona que inda ten na memoria o vello peirao de ferro e madeira que hai 120 anos representaba o porto de Vilagarcía. A escultura reproduce dúas pezas xemelgas con cinco metros de longo que conclúen nun berce onde a luz xoga co bronce. Esta luz vibra co sopro dos ventos do sur, do oeste e do norte, os tres ventos que simboliza.

Redacción Salnés