18 locais hostaleiros de Cambados adhírense a un proxecto pioneiro de recollida de refugallos

CAMBADOS> A partir de mañá, unha vintena de locais hostaleiros de Cambados gozarán dun sistema de recollida de residuos orgánicos porta a porta. Trátase dun proxecto piloto, pioneiro en Galicia. Ademais de mellora-la xestión do lixo, este novo sistema busca aforrar custos.

Trátase dun proxecto piloto, pioneiro en Galicia. Dende mañá, 18 establecementos hostaleiros de Cambados van deixar de deposita-lo seu lixo orgánico nos colectores convencionais. Cada un deses locais vai dispoñer dun colector individual para os seus biorresiduos. Un sistema de recollida porta a porta que busca unha mellor xestión ambiental deses residuos e a súa retirada do contedor común para minimiza-las súas molestias. Ademais, ten unha vertente económica.

Este proxecto piloto ten vocación de expansión e permanencia. Por iso, será un dos requisitos do novo prego do servizo de recollida. Un proceso, por certo, que avanza a bo ritmo.

O concelleiro avanza que xa hai dúas empresas interesadas. Engade que a situación actual non é beneficio nin para o Concello nin para a propia empresa que está en precario, encadenando prórrogas dende hai  dous anos.