O alcalde de Caldas, acusado dunha presunta infracción electoral polo PP

    ppcaldas100_180407.jpgPONTEVEDRA > ‘Feitos tremendamente graves’. Así cualifican dende o PP de Pontevedra a presunta infracción da lei electoral…

    …xeral levada a cabo polo candidato socialista á alcaldía de Caldas Juan Manuel Rei. Os populares de Pontevedra esixiron unha explicación inmediata tanto por parte do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, como por parte de Juan Manuel Rei.

    cartaconcellocaldas300_180407_1.jpgO presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Rafael Louzán e o candidato á alcaldía de Caldas de Reis, Jesus Goldar, sinalaron a presunta infracción da lei electoral xeral cometida polo actual alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei. O candidato socialista a alcaldía enviou unha misiva solicitando o voto ós emigrantes de Arxentina e Uruguai. Esta carta enviouse, segundo o PP, utilizando fondos do Concello.

    Ademais a lei electoral prohibe que os candidatos soliciten o voto antes do comezo da campaña, o 11 de maio. Conxuntamente con esta carta outro documento informaba ós destinatarios das axudas ós emigrantes que se recollen no Diario Oficial de Galicia. Rafael Louzán criticou duramente este comportamento do partido socialista. Louzán tamén matizou que Juan Manuel Rei non se presenta a reelección como se di na misiva, e recorda que é a primeira vez que participa nestes comicios como candidato. Os populares calculan que se trata dunhas 800 cartas, cun gasto para o concello de, aproximadamente, 5.000 euros.

    Dende a secretaría de organización do PSOE censuraron e desautorizaron a actuación do alcalde mentres o candidato socialista afirma descoñecer estes feitos.

    Redacción Salnés