BOIRO> A Conselleira de Política Social participou no Festival da Integración celebrado por AMICOS en Boiro con motivo do Día Internacional da Discapacidade. Fabiola García ratificou o seu compromiso coas entidades que traballan no eido da diversidade funcional co fin de garantir a igualdade e a inclusión.
AMICOS celebrou por todo o alto o Día Internacional da Discapacidade cun multitudinario festival no pavillón de Barraña, en Boiro. Ademais dos usuarios da entidade, asistiron nenos doutros centros educativos e como convidada de excepción a Conselleira de Política Social.
O alcalde de Boiro quixo sumarse tamén á celebración destacando as capacidades de tódalas persoas independentemente da súa diversidade funcional.
A organización do festival contou tamén co apoio de Jealsa que colabora, non só nesta, senón en moitas outras iniciativas desenvolvidas dende AMICOS. Entre eles, a contratación de numerososotraballo ó centro de formación profesional con que conta AMICOS.
Cómpre lembrar que Jealsa tamén colabora economicamente na dotación de recursos como foi o equipamento da aula de estimulación temperá do centro de Comoxo.