O executivo noiés reabrirá ó tráfico temporalmente o Malecón de Cadarso

NOIA> Segundo informou o rexedor local o ‘grosso’ das obras da remodelación da fachada marítima quedarán suspendidas. A actuación estará paralizada durante mes e medio, ata mediados de setembro, para non causar maiores trastornos na circulación durante o período estival.

Nos próximos días o executivo noiés procederá a restablecer o tránsito de vehículos na zona do Malecón de Gasset onde actualmente se acometen as obras de remodelación da fachada marítima. Será en principio nun só sentido de circulación e durante un período de mes e medio.

A actuación cun orzamento dun millón de euros de investimento está a ser sufragada pola Demarcación de Costas. Ademais da mellora estética da zona, a obra inclúe tamén a renovación de servizos básicos.

A pesar desta suspensión temporal, dende o Concello confían en que as obras poidan cumprir os prazos previstos, e estean rematadas antes de finais deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí