Aumenta a vaga de roubos en Vilagarcía con tres comercios afectados na última noite

VILAGARCIA> Vaga de roubos en Vilagarcía de Arousa. Os delincuentes intentaron ao menos acceder a 3 establecementos. Nun deles, en Pienso Reiriz roubaron máis de 600 euros da caixa e diferentes dispositivos móbiles.

Vilagarcía de Arousa está sufrir estas semanas unha vaga de roubos en diferentes establecementos comerciais e hostaleiros. No día de onte, foi unha parella a que entrou na tenda ServiPhone e roubou diferentes dispositivos tras despistar á dependenta, pero esta noite foron varios os locais que sufriron intentos de roubos. Un deles foi Piensos Reiriz, os ladróns romperon a fiestra e accederon ao interior da tenda.

Neste comercio, os ladróns leváronse máis de 600 euros e dous dispositivos electrónicos.

Outro intento de roubo tivo lugar na cafetería Nata. A dona evitou que os ladróns accedesen ao interior.

A policía nacional xa tomou declaración á propietaria como testemuña para que describise ao ladrón.

Un terceiro intento tivo lugar, tamén sen éxito, en Mármoles Vieira, nesta ocasión as cámaras da cafetería Enjoy gravaron a dúas persoas intentando acceder ao interior. Os propietarios comezan a estar preocupados.

Aínda así consideran que Vilagarcía é unha cidade segura.

O propio alcalde mostrou a súa preocupación pola vaga de roubos e agarda que as forzas de seguridade atopen aos culpables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí