VILAGARCIA> A praza de abastos en Vilagarcía, está a sufrir nos últimos tempos roubos. Unha situación que dende o colectivo de placeiros denuncian, e polo que solicitan ao concello da vila maiores medidas de seguridade nas instalacións de este edificio municipal.
Os placeiros de Vilagarcía, están fartos. Na actualidade están a sufrir diferentes roubos de diferentes materiais necesarios para desenrolar o seu traballo ou mercancía do interior dos frigoríficos. Unha situación que rexeitan e pola que piden maiores medidas de seguridade.
Segundo o responsable dos placeiros un dos problemas principais ten que ver, con que as instalacións teñen que estar abertas ata as 20:00h, para que os transportistas poidan descargar a mercancía.
Cámaras de videovixiancia, maior control nas portas ou un videoportero, a xuízo dos placeiros, serían algunhas das medidas necesarias para controlar estes roubos.
O executivo vilagarcián está agora a valorar a situación, segundo os placeiros, aínda que tal e como afirma o seu representante, dende o consistorio xa advertiron de que terá unha solución complicada.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/roubos_praza_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/roubos_praza_villa.mp4{/flowplayer}