Louzán propón á Xunta crear un consorcio provincial de residuos

    louzan_reunionfeijoo_100_040809.jpgPONTEVEDRA> Esta foi unha das propostas que o presidente da Deputación lle presentou ó líder do Executivo galego durante unha xuntanza entre organismos provinciais.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_reunion_feijoo.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, convocou unha rolda de prensa para explicar os temas tratados na reunión mantida en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Nesta xuntanza tamén estiveron os presidentes dos demais organismos provinciais. Louzán cualificou este encontro como satisfactorio para tódalas deputacions.

    Os temas que se abordaron xiraron en torno á mellora da asistencia técnica e xurídica, así como das tecnoloxías da Información e Comunicación. Tamén se falou da coordinación de esforzos en materia de investimentos, e dos servizos de emerxencia. Rafael Louzán aproveitou o encontro para propoñer ó líder do executivo galego unha colaboración de cara ó Ano Xacobeo, co fin de potenciar o camiño portugués, o portugués que vai pola costa, e a ruta do mar de Arousa.

    Outra das cuestións que plantexou foi a creación dun consorcio provincial de residuos para reducir os gastos dos concellos, que nestes momentos manteñen unha débeda de 14 millóns de euros con Sogama, segundo explicou Louzán. Neste senso explicou que este consorcio permitiría que Sogama tivese ata catro interlocutores en lugar de un por concello, co que os custes de transporte se verían reducidos.

    O presidente da Deputación de Pontevedra, encontra vital unha boa coordinación entre as diferentes administración para pasar estes momentos de crise, xa que como apuntou, o 2010 será un ano difícil desde o punto de vista económico.

    Redacción Salnés