Juan Manuel Rei pide perdón e asegura que todo foi un ‘erro lamentable’

    CALDAS > O candidato socialista á alcaldía de Caldas de Reis pediu perdón e asumiu a responsabilidade polo envío de cartas desde o Concello a emigrantes caldenses solicitando o voto.

    O actual alcalde, Juan Manuel Rey, asegurou que o diñeiro das cartas, que saíu do Concello, xa está de volta nas arcas municipais. Segundo Rei, trátase dunha cantidade duns 1.500 euros e non de 5.000 como apuntaban onte desde o Partido Popular.

    perdonrei_190407__300.jpg‘Error lamentable’, así cualificou o candidato socialista á alcaldía de Caldas o envío de cartas solicitando o voto ós emigrantes de Arxentina e Urugai. Juan Manuel Rey asumiu a responsabilidade pero non a autoría dos feitos. Asegura que estas misivas foron redactadas por un dos seus colaboradores máis mozos e inexpertos e que levan a súa sinatura por un despiste.

    Juan Manuel Rei quixo matizar algunhas das acusacións vertidas polo PP. O actual alcalde afirmou que esta ‘sobreactuación’ dos populares vén dada pola debilidade do seu candidato. En primeiro lugar, asegura que os dous documentos, a carta pedindo o voto e a información sobre as axudas para os emigrantes non se atopaban no mesmo sobre. Ademais, puntualizou que a suma dos gastos ascendeu a 1.500 euros que dende esta mañá se atopan de novo nas arcas do Concello.

    O candidato socialista recalcou que nas pasadas eleccións de 2003 se recibiron preto de 62 votos de emigrantes o que supón cerca dun 0,01% do electorado.

    Redacción Salnés