A Fundación Ladesol organizan unha carreira solidaria polos nenos de Angola en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Vilagarcía correrá polos nenos de Angola. A vila acolle o vindeiro 31 de maio unha carreira solidaria, coa que a Fundación Ladesol busca recadar fondos para axudar aos pequenos do país africano.

    Correr 8,7 quilómetros pode servir para axudar aos nenos de Angola. Este é o obxectivo da carreira solidaria Ladesol, que prepara a súa primeira edición.

    Os que participen na proba, poderán aportar o seu gran de area. O circuíto poderá facerse tanto camiñando como correndo, xa que estará aberto a todo o que queira participar, dende os tres anos en diante. Para os atletas federados, está incluída no calendario da Federación.

    Os corredores Leticia Fernández o Pedro Nimo son os padriños da carreira. Este último coñeceu a situación do país angoleño algo máis de preto, ao contaxiarse de malaria cando asistía a unha carreira.

    Baixo o lema “Corro polo teu soño”, as probas arrancarán ás 10 da mañá do 31 de maio dende a explanada do auditorio. Os que queiran participar, poden apuntarse a través da web da Federación Galega do Atletismo, Servinova ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/carreira_ladesol.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/carreira_ladesol.mp4{/flowplayer}