Case un millón de euros para o Multiusos de Catoira

    caridealcaldecatoirafirmanconvenio_100_190407.jpgCATOIRA > A CPTOPT aportará 900.000 euros ó edificio Multiusos grazas ó convenio asinado hoxe entre a conselleira e o alcalde de Catoira.

    Este acordo entre a CPTOPT e o Concello de Catoira enmárcase dentro das actuacións da Consellería para mellorar contornos urbanos. Para iso Política Territorial aportará 900 mil euros en tres anualidades e o Concello os documentos técnicos necesarios así como a contratación, dirección, xestión e recepción das obras.

    cartelmultiusoscatoira_200_190407.jpgO orzamento total do edificio Multiusos que se contruirá nunha parcela de 8.000 metros cadrados en Fonte Gaiteira acada os 2,2 millóns de euros que servirá para facer, ademais dunha nova casa do concello, un auditorio, unha sala de lectura, aula informática, cafetería e diversas dependencias municipais.

    Obras en marcha

    visitacaridealcaldeacatoira_200_190407.jpgTrala sinatura do convenio, María José Caride, acompañada do alcalde, realizou unha visita ás zonas onde a consellería realiza actuacións por valor de 800.000 euros. A conselleira visitou a área de estacionamento de autobuses que está practicamente rematada posto que só queda instalar a marquesiña. Nesta actuación a Consellería investiu 280.000 euros. Ademais Caride supervisou as obras das beirarrúas e supresión de barreiras arquitectónicas na rúa do Concello e adxacentes, ás que destinou 217.000 euros.

    Glorieta na PO-548

    Así mesmo, a CPTOPT iniciará proximamente a construción dunha glorieta na estrada de acceso ó centro de saúde para mellora-la seguridade viaria e construirá novos aparcamentos para evitar que se estacione na vía, como se fai agora. Nesta obra investirá arredor de 300.000 euros.

    Redacción Salnés