O obradoiro de A Lanzada descobre os segredos da cociña a vinte mozos

    O GROVE> A decoración das mesas para as grandes ocasións ou a elaboración de entrantes e postres típicos destas datas xa non teñen segredos para 23 rapaces de O Grove. Durante tres días, mozos e mozas de entre 12 e 18 anos participaron nun curso no obradoiro de hostalería de A Lanzada, que lles permitiu achegarse á cociña.

     

    Poñer correctamente unha mesa. Facer bos cócteles e batidos. Ou encargarse do postre.

    Nada disto ten secretos para os 23 rapaces que participaron nas clases de cociña que o concello de O Grove organizou no obradoiro de hostalería de A Lanzada.

    Para moitos destes mozos de entre 12 e 18 anos este curso foi o seu primeiro acercamento á cociña e, a xulgar polos resultados, non será o único.

    Foron tres días intensos, pero pagoulles a pena. Algúns incluso xa teñen pensado aportar o seu gran de area para a cea de Noite Vella.

    E é que sobre todo nestas datas, unha axudiña extra na cociña nunca está de máis.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/obradoiro_hostaleria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/obradoiro_hostaleria.mp4{/flowplayer}