Carlos Rei recupera festas, lendas e tradicións de Vilagarcía

carlosrey100_250407.jpgVILAGARCIA > Lendas, refráns, personaxes populares, cantigas e saborosas receitas compoñen unha entrañable miscelánea …

… baixo o título ‘Festas, lendas e tradicións do Concello de Vilagarcía’. O autor é Carlos Rey, gaiteiro de Os Terribles de Arousa.

Seguro que cando lle preguntaron ‘¿Comiches?’ e vostede respondeu ‘Xa comín’, lle dixeron algunha vez ‘Xacomín era gaiteiro’. Pois saiba que ese Xacomín existiu a mediados do século pasado. Era Xácome, un rapazote que vivía pola parte entre Baión e Portas que lle gustaba tocar a gaita. E como era baixiño chamábanlle Xacomín.

presentacionlibrolendas200_250407.jpgEsta é unha das moitas historias e ditos populares que o gaiteiro Carlos Rey recolle no seu libro ‘Festas, lendas e tradicións do Concello de Vilagarcía’. Onte presentouno no auditorio municipal na compaña do edil de Cultura e do historiador Manolo Suárez. Trátase dunha publicación que recupera parte da tradición oral do municipio recollida dos propios protagonistas daquela época.

Esta é a segunda publicación dunha colección impulsada pola concellería e Cultura para recuperar a historia de Vilagarcía. Unha idea, que Carlos Rey espera que teña continuidade no próximo goberno municipal, xa que no tinteiro aínda quedan moitos temas, como o dos pazos, listo case para publicar.

Neste libro fálase de festas que xa non se celebran como a dos ‘Josefinos de Vilaxoán’, de receitas de salsas para peixes ou de castañas salgadas, de ditos como ‘Vella de Rubiáns non lle morden os cans’, ou de cantigas como esta: ‘O gaiteiro de Vilaxoán, fixo unha casa de merda de can. Salei para fóra, mirou para ela. Probe de min que non ten cheminea. O gaiteiro de Vilaboa fixo unha casa alá na Combóa. Veu o fillo do Merlucho e cagoulle un cucurucho’.

Redacción Salnés