O Concello aposta polo centro cultural e deportivo da Reiboa

inauguracionpoio100_250407.jpgPOIO > O Concello inaugurou esta tarde os vestiarios e a pista polideportiva da Reiboa, no lugar de A Seca. O goberno local está a apostar …

… pola recuperación do que foi o antigo vertedoiro coa creación dun centro deportivo e cultural. No apartado deportivo queda pendente aínda a construcción da piscina municipal.

inauguracionpoio200_250407.jpgMáis de mil persoas practican deporte no concello de Poio. A iso contribúen instalacións coma estas. Son as construídas no lugar da Reiboa, na Seca. Esta tarde o alcalde, o edil de deportes e maila delegada provincial de Cultura e Deporte en Pontevedra inauguraron os vestiarios reformados do pavillón e tamén a pista polideportiva. En ambas actuacións colaboraron o Concello e a Xunta co obxectivo de completar a dotación deportiva. Quedan pendentes o campo de herba sintética, pero sobre todo a piscina.

O Concello amosouse moi orgulloso de presentar estas instalacións deportivas, que forman parte da súa aposta por converter a Reiboa nun referente deportivo e cultural. Neste último apartado inclúense actuacións como o Parque da Memoria ou a recuperación de sete muíños na Freixa.

Redacción Salnés