Zona Aberta sortea 1.000 euros en vales compra polo Día da Nai

    sofiabeiras100_250407.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía agasallará a unha nai con 1.000 euros en vales de compra…

    … É o premio do sorteo especial que se celebrará o 8 de maio, dentro da campaña do Día da Nai.

    zonaabertadiadanai200_250407.jpgO vindeiro 6 de maio celébrase o Día da Nai, unha data especial da que non se quere esquecer o comercio local de Vilagarcía. Os establecementos do Centro Comercial Urbano Zona Aberta repartirán entre os seus clientes 23 mil papeletas coma estas que deberán cubrir cos datos dunha muller que acredite que é nai. Todas elas entrarán nun sorteo de mil euros en vales de compra.

    O sorteo do Día da Nai celebrarase o vindeiro día 8 de maio. Este será un mes de trasfega para Zona Aberta. A vindeira semana tamén teñen previsto entregar o premio de 200 euros da Tarxeta de Fidelización. Ademais, advirten que en breve nos terán unha nova especial.

    Redacción Salnés