Poio condena a morte de María Jiménez cun minuto de silencio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/26/minutos_silencio_violencia_xenero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/26/minutos_silencio_violencia_xenero.mp4{/flowplayer}

 

POIO> O cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, acolleu esta tarde o enterro de María Luisa Jiménez, a muller asasinada presuntamente polo seu marido. Pola mañá, en varios concellos celebráronse concentracións en sinal de repulsa por este novo crime de violencia machista; acto que tamén se convocou na sé da Xunta en Santiago e no concello de Poio, do que era natural a vítima.

A corporación de Poio quixo honrar a María Luisa Jiménez, a última vítima da violencia de xénero en España.

Onte, a Sociedade Xitana de Galicia anunciaba a súa decisión de desterrar das provincias de Pontevedra e A Coruña a calquera familiar do suposto homicida, para evitar, aseguran, baños de sangue. De aí que o alcalde de Poio agarde que non haxa conflitos no poboado do Vao.

Sobral tamén fixo un chamamento á sociedade en xeral, na procura dunha implicación que permita rematar coa lacra da violencia de xénero.

O rexeitamento deste crime tamén chegou á Xunta. Na sé de San Caetano concentráronse numerosas autoridades que gardaron un minuto de silencio en sinal de repulsa. No acto estivo presente Sinaí Giménez, voceiro de Sociedade Xitana de Galicia.