Falecen tres persoas en Valga arroladas polo tren nun paso a nivel

    VALGA > Tres persoas falecidas é o balance do accidente ferroviario ocorrido no concello de Valga. Cumpríronse as peores previsións e os mortos son tres veciños do propio municipio que traballaban no sector da construcción e eran moi coñecidos no pobo, que esta tarde está totalmente consternado polo sucedido.

    accidentetrenvalga1_200_250407.jpgO accidente rexistrouse na zona da Devesa, na parroquia de Campaña pasada a unha e cuarto da tarde. As vítimas viaxaban no interior dun Renault Laguna branco que foi arrollado nun paso a nivel con barreira polo tren que fai o traxecto Vigo-A Coruña. O convoi desprazou o coche uns douscentos metros. Os seus ocupantes, veciños de Valga que traballaban para unha empresa de construcción da zona, ían a comer. Dous deles eran pai e fillo: trátase de Jesús Martínez Senín, de 54 anos e Roberto Martínez Ríos, de 28.

    A terceira vítima era outro compañeiro da empresa, José García Bejo, de 47. Ó parecer un cuarto albañil salvouse ó decidir a última hora quedar no traballo e viaxar no turismo sinistrado. As vítimas eran moi coñecidas polo que as esceas de dor se foron sucedendo no lugar a medida que ían chegando veciños e coñecidos. Renfe trasladou ós pasaxeiros afectados en autobuses xa que o tráfico ferroviario tivo que ser cortado ata media tarde debido ás complicadas manobras de excarceración. accidentetrenvalga2_200_250407.jpg

    O coche quedou literalmente debaixo do tren polo que bombeiros, protección civil e operarios de diversas empresas tiveron que traballar arreo para poder libera-lo vehículo e saca-los corpos. A causa deste sinistro aínda non está clara, pero algúns veciños aseguraban na zona que as barreiras levaban un tempo funcionando mal. Ás veces non abrían e tiñan que ir os conductores a levantalas, anque neste caso outras testemuñas aseguraban esta tarde que o coche pasara coa barreira levantada, e incluso despois doutros dous que tiña diante e que cruzaron sen problemas. Sen embargo o voceiro de Adif, a empresa que se encarga da xestión do tráfico ferroviario, asegurou que tódalas instalacións ‘funcionaron correctamente’: que a barreira estaba baixada, o semáforo en vermello e funcionaba o sinal sonoro que indica o paso do tren.

    accidentetrenvalga3_200_250407.jpgUnha versión que contradí a do propio alcalde de Valga, José María Bello, que seguiu ‘in situ’ as labores de excarceración. O rexedor explicou que as barreiras baixaron cando o coche estaba no medio da vía e quedou atrapado. Maneiro responsabilizou a Renfe do accidente por non suprimi-lo paso a nivel tras máis de dous anos de negociacións. Por outra banda o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, expresou o seu pesar polo acontecido e púxose en contacto co alcalde para transmitirlle as condolencias de todo o goberno galego. A conselleira de Política Territorial e os delegados provinciais das consellerías de Presidencia e de Sanidade trasladáronse ó lugar dos feitos para ofrecer a axuda e a disposición do Goberno galego aos afectados.

    Redacción Salnés