Dura derrota para un Junquera que mereceu máis

VILAGARCÍA>Grupo Junquera xogou onte. Os vilagarciáns adiantaron o seu encontro co Universidade de Valladolid co que acabaron caendo por 1-5. Os de Marcio mereceron mellor sorte nun encontro no que erraron moitas ocasións de gol.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_091211.flv{/flowplayer} 

Ás veces o futbol sala pode ser un dos deportes máis inxustos, se por inxustiza entendemos, claro, que o que atacou máis, o que xogou mellor e tivo máis ocasións de gol acabou perdendo e ademais goleado. Son as cousas deste deporte no que a figura do porteiro, o acerto dos atacantes e o non cometer erros, son decisivos.

Así levouse onte a victoria de Fontecarmoa o Universidade de Valladolid. O seu porteiro saíuse, viron portería con facilidade e aproveitáronse das perdas de balón dun Junquera ó que nunca lle faltou empuxe e gañas.

O encontro púxose de costas xa dende o inicio cun tanto visitante nos primeiros minutos. A vantaxe faríase maior antes do descanso, cando con dous goles á contra o cadro pucelano ampliaba a diferencia ata o 0-3.

O gol de Pablo Tojo deu azos ós locais que durante todo o segundo tempo tratou de remontar pero sen acerto nos metros finais. Xa con porteiro-xogador chegarían os outros dous tantos do Universidade de Valladolid nos derradeiros segundos.

O Junquera mantense na parte baixa da clasificación pero fóra dos postos de descenso. A semana que ven visita complicada á cancha do líder O Parrulo.

Redacción Salnés