Periga a continuidade de Pablo Vázquez no banco do Céltiga

celtiga_250_221209.jpgA ILLA> A directiva do clube apraza ata o vindeiro 3 de xaneiro, data do enfrontamento co Pontevedra B, a decisión sobre o futuro do adestrador. Así o decidíu na última xuntaza mantida antes do descanso de Nadal.

{flowplayer}images/salnes/VAZQUEZ_CELTIGA.flv{/flowplayer}

O presidente do Céltiga non é capaz de garantir a continuidade de Vázquez a partir do 3 de xaneiro e máis despois da reunión mantida onte pola directiva, na que quedou claro que o crédito do adestrador está moi preto de esgotarse. Ós dirixentes non lles está gustando nada a irregularidade mostrada polo equipo e, en particular, o que eles consideran unha mala actitude dos xogadores, da que culpan a Vázquez. Martiñan tampouco asegura que estean pensando en destituir ó técnico no caso de non vencer ó Pontevedra B. Pero tampouco da por asegurada a súa continuidade remitíndose ó que decida a xunta directa, o que deixa entrever con claridade que o adestrador non goza da confianza dos dirixentes.

A Pablo Vázquez, esta decisión, estalle causando moita sorpresa xa que afirma, a principio de tempada o obxectivo era a permanencia. En engadiu, que hai que ter en conta a rebaixa do presuposto que lle impediu fichar xogadores. O Céltiga ocupa, nestes momentos, a décima posición da táboa, con 22 puntos cando restan dous partidos da primeira volta.

Redacción Salnés