Aparece un ancián calcinado na súa vivenda en Valga

     VALGA> Conmoción na parroquia do Forno. Un home de 92 anos aparecía morto na súa vivenda, calcinado e con sinais de violencia.

    {flowplayer}images/salnes/FalecidoValga_300513.flv{/flowplayer} 

    Foron os veciños os que alertaron á Garda Civil que onte á tarde trasladouse ó domicilio de José Manuel Burés onde atroparon o seu corpo sen vida nunha capela anexa á súa vivenda, que utilizaba de almacén.

    O home, de 92 anos, atopábase parcialmente calcinado e presentaba evidentes sinais de violencia. Apúntase a que podería ter sido acoitelado, se ben iso non poderá ser confirmado ata que se realice a autopsia.

    Esta mañá o corpo sen vida de José Manuel Burés permanecía no lugar do suposto crime mentres o escenario era analizado por axentes da Unidade Contra o Crime Organizado, desprazados dende Madrid.

    Aínda que sobre o caso pesa secreto de sumario, as primeiras hipóteses apuntan á posibilidade de que a morte do ancián fose o fatal desenlace dun roubo.

    Jose Manuel Burés vivía so en Valga. Tiña 12 fillos e estaba separado. Os seus coñecidos indican que sempre foi unha persoa normal e que xa fora obxecto de outros roubos.

    Redacción Salnés