![]()
CATOIRA> Unha plataforma de empresarios de Galicia organizou para hoxe un acto de mobilización a través das redes sociais…
{flowplayer}images/salnes/protestas_peaxes_ap9.flv{/flowplayer}
… para pedir que non usasen durante esta xornada a Autoestrada do Atlántico, a AP9. Estes profesionais queren así protestar contra o encarecemento progresivo desta vía de comunicación transversal galega que a converte en inaccesible para o seu uso cotiá.
O resultado desta primeira xornada reivindicativa tivo unha certa incidencia na provincia da Coruña, onde se constatou un descenso do tránsito de en torno a un 10 %. Nas Rías Baixas a protesta a penas se notou, en gran parte porque o groso da poboación non sabía dela.
Con todo, os enquisados comparten os motivos que levaron a este acto de denuncia. E é que unha vez máis vense a por de manifesto a deficiencia das comunicacións gratuítas galegas.
Os usuarios denuncian que non hai outra alternativa axeitada ó trazado da AP9. Aínda así non deixan de buscar solucións parciais para non deixarse o soldo nas peaxes. A poboación reclama pois que AUDASA aplique descontos ós usuarios habituais desta vía, como xa está a facer noutras comunidades autónomas. Piden tamén a Fomento que tome cartas no asunto para que esta terceira e última subida das peaxes sexa a derradeira en Galicia.
Redacción Salnés









