VILAGARCÍA> Zona Aberta de Vilagarcía lanza a segunda edición da súa ruta de tapas e compras. A iniciativa, que busca promocionar a hostalería e comercio local, arranca este xoves. Na cita participan de novo 11 establecementos, que ofrecerán as súas tapas a un prezo único de 4 euros. Ademais, este ano Martín Códax súmase á proposta, coa opción de gozar do petisco e unha copa de viño por 6 euros. O colectivo pon en xogo ademais 300 euros en vales de compra.
Logo da boa acollida do ano pasado Zona Aberta de Vilagarcía impulsa a segunda edición da súa ruta de tapas e compras.
A ruta vai arrancar este xoves ata o día 14 de xuño.
Este ano participan 11 establecementos, tantos como o ano pasado. As propostas son do máis variado.
As tapas terán un prezo único de 4 euros. Ademais, este ano en colaboración con Martín Códax ofrecerase a posibilidade de levar a tapa e unha copa de viño por 6 euros.
Ademais da votación popular, tamén haberá un xurado profesional.
O público, entre tanto, poderá votar polas súas tapas favoritas e optar a tres vales de compra de 100 euros cada un.











