Os bombeiros de Ribadumia teñen a única autoescala da comarca

    bombeiros_ribadumia_copia100.jpgSALNÉS> Os bombeiros de O Salnés están especializados en varias áreas dende mergullo e rescate ata emerxencias químicas.

    {flowplayer}images/salnes/BOMBEIROS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    O consorcio contra incendios do Salnés ofrece un servizo de emerxencias que vai máis aló do típico incendio. Está especializados nunha serie de áreas que amplían as súas capacidades de actuación. Este consorcio ten sedes en Vilagarcía e Ribadumia que dan cobertura a toda a comarca e, en determinadas ocasións leva a cabo actuacións fora de O Salnés.

    No parque de bombeiros de Ribadumia, hai 3 ou 4 persoas de garda, preparados para calquera tipo de emerxencia. A media de resposta ronda o minuto, pero en algunhas ocasións púidose rebaixar.

    Dependendo da intervención que se vaia cubrir, utilízanse diferentes vehículos con ferramentas específicas para a actuación. En Ribadumia pódese atopar a única autoescala da comarca que alcanza os trinta metros de altura.

     Para entrenarse, os bombeiros construíron na parte de atrás do parque, un campo de prácticas para ensaiar diferentes intervencións. Unha zona onde proban os extintores, outra cunha cirterna para simular o accidente de mercancías peligrosas e outra onde simulan a entrada a un incendio.

     Tamén está presente a unidade canina, unha das mellores de España que realizou rescates no estranxeiro.

    Os bombeiros tamén realizan cursos para a cidadanía para explicarlles como reaccionar ante un incendio. Os colexios visitan o parque de Ribadumia para coñecer de primeira man o seu funcionamento, pero o que sempre preguntan é onde está a barra típica dos bombeiros. Sorpresa: estase buscando unha nova ubicación, pero os bombeiros recoñecen que apenas se utiliza.

    A profesión de bombeiro é dura, tanto física como psicoloxicamente pero o obxectivo do esforzo vale a pena: salvar vidas.

    Redacción Salnés