RIBADUMIA> Este sábado en Ribadumia comezará a instalación de case 60 casiñas para morcegos na contorna do río Umia. Trátase dunha iniciativa da Asociación Ideas de Bombero, que busca favorecer o asentamento desta especie na zona. Lonxe de prexuízos, os morcegos son fundamentais para garantir o equilibrio dos ecosistemas, contribuíndo ao control de pragas. Na actividade un grupo de voluntariado comezará coa instalación destes refuxios, cada un co nome da persoa ou persoas que fixeron unha doazón para facer este proxecto posible.
Non me digan que, ao seu xeito, son un animaliño ben simpático. Son os morcegos, un actor esencial para a harmonía dos nosos ecosistemas. En Ribadumia este sábado vai arrancar un proxecto que culminará coa instalación de case 60 casiñas. Unha iniciativa impulsada pola Asociación Ideas de Bombero, que xa ten polo Salnés outras zonas con este tipo de refuxios. Por exemplo, no miradoiro do Faro das Lúas, en Vilanova.
O obxectivo é que os morcegos gañen máis presenza na zona. Porque lonxe de prexuízos, son clave para a biodiversidade.
Neste piñeiral, por exemplo, teñen tamén a súa misión. Os morcegos son tamén amigos dos viñedos.
Esta fin de semana en Ribadumia van iniciar a instalación de refuxios nun corredor de máis de tres quilómetros polo Umia, entre Os Castaños e Cabanelas. Vanse repartir en trece puntos porque as casiñas instalánse por grupos.
Pancho xa ten todo a punto para a actividade. Cada casiña é posible grazas á axuda de persoas voluntarias con doazóns de 20 euros.
Máis alá da lembranza, os nomes teñen tamén unha parte útil para o proxecto.
Esta fin de semana colocarán o primeiro grupo de sete refuxios coa participación doutros tantos voluntarios. Dende a asociación irán organizando distintas xornada ata ter instaladas as 59 casiñas. Pero o proxecto vai máis alá, con actividades divulgativas en colaboración co concello.
Por diante quedan aínda moitas semanas de traballo ata ter completamente equipado este corredor de morcegos deste treito do Umia. Pancho xa pensa no seguinte reto.
En España a hai 35 especies de morcegos, todas elas protexidas.











