Sanxenxo intentará recuperar as bandeiras azuis en Areas e Caneliñas

    SANXENXO> Recuperar as bandeiras azuis perdidas nas praias de Areas e Caneliñas, mellorar o servizo de limpeza ou mellorar os parques infantís son só algúns dos obxectivos que se marcan dende a área de medio ambiente de Sanxenxo de cara ao vindeiro ano. Así o manifestou o edil Juan Deza. Primeiro día de outono e dende o concello de Sanxenxo comezan a traballar de cara ao verán de 2018. Recuperar as bandeiras de Caneliñas ou Areas son só un dos obxectivos que se marcan os populares para o vindeiro ano. Pero non será o único xa que sacarán a concurso o mantemento dos contedores soterrados. Tamén proxectan melloras diversas no termo municipal. Deza cualifica o traballo da súa área como aceptable, aínda que tal e como recoñecía o rexedor popular hai uns días, de cara ao verán que ven, hai que continuar traballando para mellorar diferentes aspectos.