Caldas xa conta cun campo de fútbol de céspede artificial

    inauguracioncampocaldas_100_020507__still_001.jpgCALDAS DE REIS > A provincia de Pontevedra conta xa cun novo campo de fútbol de herba artificial. Está en Caldas e foi inaugurado onte.

    Baixo un importante chaparrón se inaugurou o novo campo de fútbol de herba artificial das Corticeiras, ata onde se achegaron centos de veciños para ve-las novas instalacións. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, inauguraron este novo campo no que se investiron 368.000 euros. O 75% do orzamento foi aportado pola Deputación e o 25% restante polo Concello, que realizou tamén outras obras nas instalacións.

    inauguracioncampocaldas_300_020507__still_002.jpgO campo das Corticeiras conta agora cunha superficie de 6.800 metros cadrados e cun terreo de xogo de 99X63 metros. Ademais instaláronse porterías de fútbol once e de fútbol sete abatibles, un xogo de badeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. E o pavimento está dotado de novidosos materiais de fibra e recheo.

    Todo para que os futbolistas caldenses, que tamén estiveron nesta inauguración, desfruten dunhas instalacións en perfectas condicións.

    Redacción Salnés