O alcalde de Vilanova cuestiona ó número 2 do PSOE

    manuelfernandezpsoevilanova_100_020507.jpgVILANOVA > Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova e candidato do PP foi especialmente crítico coa candidatura socialista do seu concello.

    Gonzalo Durán asegura que ninguén quería ir na lista que encabeza Rodrigo Santiago e por iso tiveron que recorrer a xente moi cuestionada, incluso polos propios militantes socialistas que lle aseguraron que ‘non votarán ó PSOE se vai a xente que presentaron na candidatura’.

    Gonzalo Durán foi especialmente duro co número dous da lista presentada polo PSOE de Vilanova ás municipais, Manuel Fernández, a quen acusou de ter numerosas débedas no pobo e incluso de querer entrar en política a toda costa. O rexedor asegurou no programa Pleno Aberto de Tele Salnés Barbanza, que Manuel Fernández se lle foi ofrecer hai anos como asesor do PP, polo que cuestiona os seus idearios socialistas e as súas intencións políticas no concello.

    Redaccións Salnés