O IES Ramón Cabanillas empezará o próximo curso cun novo pavillón

    CAMBADOS> O instituto cambadés Ramón Cabanillas xa conta cun novo pavillón. Esta mañá, o presidente da Deputación inaugurou as instalacións despois dunha importante actuación, que consistiu na súa reforma integral para converter o antigo patio do centro nun pavillón de deportes.

     

    Para o vindeiro curso, os rapaces do instituto Ramón Cabanillas poderán gozar dun novo pavillón de deportes. A Deputación ven de rematar a conversión do antigo patio nestas novas instalacións.

    Os traballos consistiron na instalación dunha pista de material de última xeración, a construción de gradas e vestiarios e a renovación de todo o equipamento e material do recinto. O resultado final tamén gusta ao concello.

    A remodelación do pavillón do Ramón Cabanillas súmase á actuación en O Pombal e á reforma da cuberta da piscina municipal, tamén realizadas pola Deputación. Sobre esta última obra, Louzán apuntou a que a licitación xa está en concurso e será adxudicada este mes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/louzan_ies_ramon_cabanillas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/louzan_ies_ramon_cabanillas.mp4{/flowplayer}