Rianxo volve colaborar coa DXT na campaña de prevención de accidentes

RIANXO> O concello a e policía local de Rianxo volven colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico na campaña de prevención de accidentes. Tralo éxito do vídeo elaborado o pasado ano, este ano volveron contar cos realizadores Duarte Galbán e Román Castaño.

A campaña ‘Ti decides quen te leva’ xurdida no seo da policía local de Rianxo converteuse nun fenómeno a nivel nacional. O video realizado o pasado ano converteuse en viral e espertou o interese de numerosos medios de comunicación.

Esta gran repercusión levou ós promotores da campaña a darlle continuidade, este ano cun spot máis amable centrado nos riscos do uso do móbil ó volante.

Unha campaña máis que necesaria tendo en conta as malas cifras de sinsitralidade con que pecha este 2018.

O concello de Rianxo destinou este ano unha partida económica para cubrir os gastos desta produción que o pasado ano foi realizada desinteresadamente por estes dous produtores rianxeiros e a colaboración de numerosas entidades.

Ademais desta campaña de concienciación, a policía local de Rianxo colabora activamente coa DXT durante todo o ano a través das clases de educación vial con nenos e maiores.