Ribeira anima a hostaleiros e comerciantes a participar no concurso de decoración de Nadal

RIBEIRA> O concello de Ribeira convoca un concurso de escaparatismo e decoración dirixido a comercios e locais hostaleiros. Os gañadores recibirán unha cesta de Nadal ou un vale de compra valorado en 150 euros.

Nos próximos días abrirá o prazo para que os comercios e locais hostaleiros de Ribeira se inscriban no concurso de escaparatismo e decoración de Nadal. O obxectivo é implicar ó tecido económico non só do centro de Ribeira senón tamén das parroquias na celebración destas datas contribuíndo a unha maior vistosidade das rúas.

Haberá tres premios en cada categoría a de comercio e de hostalería, consistente nunha cesta valorada en 300 euros, outra en 200 e un vale de 150 euros.

As cestas foron elaboradas por diversos establecementos de municipio. O vale de 150 euros que gañe na categoría de comercio será para trocar na hostalería e viceversa.