José Eiras quere seguir sendo alcalde tras 24 anos á fronte de Moraña

    joseeirascandidato_100_040507__still_002.jpgMORAÑA > O actual rexedor, José Eiras, volveu pedi-la confianza dos veciños no seu equipo para continuar outros catro anos á fronte do concello.

    E serían 28 anos. Toda unha vida na que Moraña pasou por numerosos cambios. Saneamento, beirarrúas, dous polígonos industriais, vivendas sociais, alumeado público en todo o municipio e multitude de melloras que o actual rexedor foi debullando ó longo da súa intervención.

    O candidato socialista contou co apoio na súa presentación da conselleira de Política Territorial, á que lle pediu unha data para remata-las obras da estrada Porráns – Moraña. E María José Caride deulla: estarán listas en novembro. Pero ademais a conselleira prometeu melloras noutras estradas do municipio, en sendas peonís e no transporte de persoas con problemas de mobilidade. ‘E para iso, dixo, hai que seguir apostando por alcaldes socialistas’.

    Redacción Salnés