Antón Louro e Ricardo Varela arroupan á candidatura do PSOE de Cambados

    tabuyo_100_040507__still_002.jpgCAMBADOS > Candidatos de todo o Salnés se deron cita no auditorio da Xuventude para coñecer a lista do PSOE cambadés.

    Trala presentación de todos e cada un dos compoñentes da candidatura, Antón Louro, deputado no Congreso destacou a capacidade de traballo e o valor político e persoal do alcaldable de Cambados. Pola súa banda, o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, subliñou a importancia da entrada en vigor da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia ‘un ambicioso texto legal que pretende que as traballadoras teñan as mesmas oportunidades que os seus compañeiros masculinos de forma real e efectiva’.

    tabuyolouro_200_040507__still_001.jpgO candidato á alcaldía Domingo Tabuyo presentou as liñas xerais do programa electoral que os socialistas levan desvelando xa hai algunas semanas aos cambadeses. Anunciou o candidato que vai chegar o cambio tamén a Cambados propiciado polo traballo en colaboración dos Gobernos de Zapatero e Touriño e tamén da Deputación Provincial que este ano deixarán os Populares. ‘Presentámonos a estas eleccións con propostas e tamén coa satisfacción do traballo ben feito, coas iniciativas que lideramos en Madrid e que se transformaron en beneficios para o noso pobo’. Asegurou Tabuyo que o ‘PP ve desaparecer o seu poder e cando eso pasa anuncia todolos males, tódalas pragas bíblicas, pero os feitos son outros e cos Gobernos de España e de Galicia a economía e o emprego melloran’.

    O candidato resaltou as cualidades da súa candidatura, formada por homes e mulleres que ‘coñecen en fondura a situación actual de Cambados, e saben cales son as actuacións precisas para recuperar o pulo que hoxe lle falta’ e prometeu potenciar os recursos culturais da vila como sinal de identidade e xeradores de recursos económicos.

    Redacción Salnés