A Mancomunidade aproba no pleno proxectos de desenvolvemento

    mancomunidad_copia100.jpgO SALNÉS> Trátase do proxecto EDAR e do novo obradoiro de emprego. Ademais, a Comisión Executiva vai solicitar axudas para proxectos de medioambiente, turismo e informática.

    {flowplayer}images/salnes/MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    O novo obradoiro de Emprego de Hostalaría do Salnés, vai dar resposta á demanda de persoal no sector servizos, que o pasado mes de marzo foi capaz de sorteala crise na comarca. Os resultados están a ser moi satisfactorios. Máis do 70% dos alumnos que cursaron os anteriores obradoiros están traballando, e ritmo de entrevistas con empresas é moi importante.

     Outro dos proxectos aprobados no Pleno é o EDAR que terá un custe de preto de 8 millóns de euros e un período de construción de 18 meses. Por outro lado, a Mancomunidade ten preparada a solicitude para unha serie de plans.

    Por unha parte, a rede de aulas informáticas no rural do Salnés, cun orzamento de preto de 66.000 euros. Do mesmo xeito, solicitarase unha subvención para a promoción dos recursos turísticos de máis de 25.000 euros.

    Tamén vaise a levar a cabo un programa de actuacións para a potenciación dun turismo sostible, na zona da ría de Arousa.

     Outro dos proxectos que se vai poñer en marcha, é o Roteiros 3, para restaurar os muíños de Meis e Meaño, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra de 300.000 euros.

    Redacción Salnés