VILAGARCÍA > O responsable comarcal do BNG, Duarte Correa, asegurou que O Salnés será a chave para…
…que a Deputación de Pontevedra mude de cor e pase a mans nacionalistas. Acompañado polos candidatos de sete dos nove concellos, Correa tamén recordou a necesidade de actualizar as funcións desta entidade. Balance positivo e as miras postas nun repunte do nacionalismo en galego e na Deputación. Estas foron as liñas xerais da intervención que fixo dende Vilagarcía o responsable comarcal para o Salnés. Segundo o portavoz, trátase dun paso moi importante. Dende o BNG afirman que a futura cor da Deputación decidiráse en boa medida na comarca do Salnés.
Os nacionalistas creen que nos tempos que corren as deputacións deberían ser substituídas por entidades axeitadas á realidade comarcal de Galicia. Esas entidades terían que desempeñar o papel de paliar as diferencias existentes entre os concellos da provincia. Duarte Correa tamén reivindicou a realidade da existencia do Salnés como comarca máis aló da suma dos nove concellos que a conforman.
Redacción Salnés