O alumnado do Castro Alobre de Vilagarcía recollerá sinaturas contra a educación semipresencial

VILAGARCIA> O alumnado de bacharelato do Castro Alobre continúa mobilizándose contra a semipresencialidade. As alumnas estarán mañá recollendo firmas para enviar á consellería de educación. As escolares advirten que continuarán loitando por un ensino igualitario e de calidade.

A comunidade educativa mobilízanse contra a educación semipresencial. Un ensino que se terá que impartir no IES Castro Alobre de Vilagarcía pola falta de profesorado. O alumnado de bacharelato, contrario a esta medida, mañá estará mañá ás 18 horas na praza da segunda república informando sobre a súa situación e recollendo sinaturas.

Dende os diferentes centros denuncian que a educación semipresencial sitúa a estes alumnos nunha clara desvantaxe, especialmente par ao alumnado que cursará as probas Ebau.

Segundo denuncian, a semipresencialidae pode e excluír a moitos alumnos que non teñen acceso á internet dende a súa casa. Agardan recibir moitos apoios e que a consellería acceda a concederlles os 11 mestres que necesitan para garantir a educación presencial.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí