![]()
PONTEVEDRA > O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas reuniuse con representantes do ICEX para facer unha valoración da campaña de promoción que se desenvolve en Estados Unidos. Do mesmo xeito a xuntanza tamén serviu para presentar as actividades que se desenvolverán, dentro da mesma campaña, no presente ano.
A campaña promocional do ICEX que se desenvolve en EEUU presenta os caldos da denominación de orixe Rías Baixas como o paladín do viño branco español. As actividades comezaron na primavera do 2005. O ICEX utilizou as infraestructuras coas que conta no país norteamericano para atopar unha axencia publicitaria que tivera experiencia no sector do viño. As demáis actividades que se desenvolveron centráronse principalmente en atopar o slogan : Excepcional with everything. Or Nothing, preparar a páxina web, e presentar os caldos mediante seminarios e feiras. Ata o momento os resultados non podían ser mellores. As exportacións de Rías Baixas á EEUU aumentaron en máis dun corenta por cento, cifras que se pretenden incrementar. Neste primeiro ano de campaña participaron 19 adegas ás que se sumaran dúas mais. Os representantes do ICEX e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas tamén presentaron as actividades que se desenvolveran no presente ano que se dirixiran os consumidores e prescriptores americanos.
Redacción Salnés





