PONTEVEDRA > O candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores presentou hoxe o seu programa…
…electoral ós medios de comunicación. Baixo o slogan “Mil ideas máis” Lores amosou as iniciativas que presentan os nacionalistas para a próxima lexislatura. Mil ideas máis…exactamente 1.379. Esas son o número de iniciativas que figuran no Boletín do BNG de Pontevedra. Un programa que contou para a súa elaboración coa axuda dalgúns dos veciños de Pontevedra que apuntaron máis de 200 ideas.
Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que se trata dun programa serio, e rigurosos, avalado polo coñecemento exhaustivo da realidade pontevedresa e de oito anos de traballo. Segundo Lores, este programa, editado baixo o formato de revista é un balance positivo dos oito anos de goberno nacionalista na capital.
O actual rexedor de Pontevedra deixou clara unha vez máis a súa percepción do seu rival do PP e calificouno de ‘perigo para o concello’ 30.000 fogares do concello de Pontevedra recibiran esta revista nos vindeiros días. Lores asegura que o obxectivo e que tódolos pontevedreses coñecen estas mil ideas máis.
Redacción Salnés