O parque empresarial de Avalo en Catoira cada vez maís preto

    albertogarciapoligono100_080507.jpgCATOIRA > O parque empresarial de Catoira é un proxecto longamente acariciado polo goberno da vila. Este monstruo…

    …empresarial estará situado na parroquia de Avalo. Unha iniciativa que potenciará o crecemento económico no municipio. O candidato do PSOE a alcaldía de Catoira amosounos en que estadio se atopan as obras. Alberto García, o candidato do PSOE á alcaldía de Catoira amosounos en que momento do seu desenvolvemento están as obras.

    O parque empresarial de Avalo terá unha superficie total de 90.000 metros cadrados e conta cunha inversión de dous millóns de euros. Este parque estará rematado a finais de maio. Un motor para Catoira que contará con espazos libres de uso público, equipamento comercial, equipamento social, parque deportivo e aparcadoiro.

    En definitiva un centro integral para a economía e o comercio que será un revulsivo empresarial para o concello. O parque empresarial de Catoira ten como obxectivo serrar emprego e o asentamento de novas empresas no concello.

    Redacción Salnés