O PP de Vilagarcía propón facer un ‘aquapark’ na Compostela

    folenaconcha_100_090507__still_002.jpgVILAGARCÍA > É unha das iniciativas coa que pretenden recupera-la praia, un dos emblemas da vila que nos últimos anos foi totalmente abandoada.

    ‘Vilagarcía contará cun parque acuático que fará deste municipio un destino lúdico de referencia’. Así o asegurou hoxe o candidato do PP, na presentación pública do seu programa turístico que fixo na propia praia.

    ramaldendepraiavilagarcia_300_090507__still_002.jpgFole salientou que Vilagarcía ten ‘grandes posibilidades no eido turístico’ pola súa ubicación, o seu carácter de municipio costeiro, a súa paisaxe e o seu clima, pero que estas ‘teñen que ser potenciadas e, sen embargo, foron totalmente desaproveitadas nestes dezaseis anos, nos que non se apostou por este potencial’. Nese sentido, recuperar e ampliar o prestixio da cidade como referencia turística é o obxectivo das propostas relativas a este ámbito que o PP inclúe no seu proxecto para facer que Vilagarcía se perciba realmente como a oitava cidade de Galicia, no que constitúe un eixo fundamental.

    Perla de Arousa

    As actuacións previstas desenvolveránse baixo a marca de Perla de Arousa, unha denominación ‘tan nosa, que perdeu o seu sentido e que agora recuperaremos como identidade turística do concello’.

    Xunto á instalación do parque acuático, o programa inclúe a recuperación das praias, converter os portos de Carril e Vilaxoán en referentes dos deportes náuticos ‘facendo as xestións oportunas para que acollan regatas de prestixio’ e promocionar a cidade para que se instalen nela establecementos hoteleiros suficientes e de calidade. Nese último eido, o proxecto contempla a recuperación do balneario da Compostela para convertelo no ‘buque insignia’ desa oferta hoteleira. ‘É inaudito, dixo Fole, que unha praia como ésta se teña deixado caer nesta situación de abandono’.

    As propostas en materia de Turismo complementaranse con outras actuacións incluidas no conxunto do proxecto de revitalización de Vilagarcía, especialmente ‘coas plantexadas para rexenerar esteticamente a cidade, mantela limpa, mellorar a súa imaxe e reordenar o tráfico’.

    Redacción Salnés