‘A postura de PSOE e BNG foi unha demostración de cinismo político’

    duran_Plenocopy.jpgSALNÉS> Esta foi a valoración do Presidente da Mancomunidade tralo voto negativo das dúas formacións á compra dos terreos para o Hospital.

    {flowplayer}images/salnes/DURAN_POR_MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    Un día despois da celebración do pleno da Mancomunidade, esta mañá o seu Presidente, Gonzalo Durán, compareceu ante os medios para facer unha valoración da sesión.

    Dixo que a postura tanto dos socialistas coma dos membros do BNG foi de total cinismo político. E sentenciou que eles, referíndose ó Partido Popular, seguirán adiante coa compra dos terreos para a ampliación do Hospital aínda que sexa en solitario.

    E é que a pesares de que se aprobaron os orzamentos da Mancomunidade do Salnés para o 2012 foi só coa votación a favor dos populares. Dentro deles atopábase a partida destinada para a ampliación do Hospital do Salnés. Gonzalo Durán dixo que a oposición a apoialos non foi só unha postura de dous alcaldes senón de dúas formacións políticas.

    E aínda que o concello da Illa non pague a parte que lle corresponda, esa cantidade, asegurou o Presidente da Mancomunidade, quedará como débeda pendente ata que cambie de parecer ou mude o goberno local. Asegurou, ademais, que non se trata dunha cuestión económica.

    Unha vez aprobada a partida nos orzamentos, o seguinte paso será autorizar a compra dos terreos. Para iso, a Mancomunidade o terá que levar de novo a pleno.

     

    Redacción Salnés