Sanxenxo pecha a tempada de verán cunha ocupación media do 72%

SANXENXO> Sanxenxo pecha a tempada de verán cunha ocupación media do 72%. Son 18 puntos máis ca no verán de 2020. Aínda que a primeira quincena de setembro foi máis frouxa do previsto, os empresarios turísticos falan dunha campaña positiva, que deixa bo sabor de boca. Salientan, en especial, as cifras de agosto, quedando a tan só 5 puntos das rexistradas no 2019, antes da chegada do virus.

O verán de 2021 deixou satisfeito ao sector turístico de Sanxenxo. A campaña rematou cunha ocupación media do 72%. Porque no mes de agosto rexistráronse no concello 233.000 pernoitas. Só un 5% menos ca no ano 2019, cando aínda non chegara a covid. Comparando o dato co de agosto de 2020, houbo un 21% máis de viaxeiros e un 38% máis de pernoitas.

Onde os datos non foron tan bos como se agardaban foi na primeira quincena de setembro, onde a ocupación quedou no 54%.  Si salienta, pola contra nst van o incremento da estadía media, duplicando o dato.

De cara á ponte de outubro, CETS confía en que o tempo acompañe. Con todo, recoñecen que a supresión da Festa do Marisco do Grove vai ter consecuencias noutros concellos da zona.

E confían en que neste último trimestre do ano as cousas vaian mellor que o ano pasado, coa vista tamén posta na ponte de decembro e tamén nas vacacións do Nadal e, en concreto fin de ano, unha data que nos últimos anos tamén está a funcionar moi ben en Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí