![]()
CATOIRA > O actual alcalde de Catoira, Alberto García, segue coa súa labor de abastecemento e saneamento do rural.
Trátase dun conxunto de acciones que se están a levar a cabo en pequenos núcleos rurais do concello. A meta , que tódolos veciños de Catoira podan gozar destes servicios. Un orzamento de 400.000 foi necesario para levar a cabo as obras de saneamento e abastecemento de algúns puntos de Catoira. Mais de 1.400 veciños veranse beneficiados por estas actuacións. Portocanles , Gondar, Busto, Areal, Pereira, Balluca ou Santiáns son algúns dos puntos beneficiados por estas obras.
Aínda que a maioría das obras están xa a piques de rematar pódense ver ás marcas destas intervencións nos pavimentos destas localidades. Alberto García cóntanos que estas accións son unha primeira acción. En definitiva…un paso máis para acadalo saneamento integral de tódolos pequenos núcleos de Catoira.
Redacción Salnés







