O turismo e a vivenda protagonistas do programa do PP de Sanxenxo

    programapp_110507__100.jpgSANXENXO > A candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo, Catalina González Bea presentou hoxe o programa do Partido Popular…

    …arroupada por Salvador Durán e por Angel Casal números dous e catro da lista respectivamente. 10.000 fogares de Sanxenxo recibiran este programa nos vindeiros días.

    A afonía non impediulle á actual alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea presentar hoxe o programa dos populares de cara á vindeira lexislatura. Eso si, contou coa presencia de Ángel Casal e de Salvador Durán que axudaron á candidata nesta cita. Precisamente o número catro da proposta popular, Ángel Casal debúxanos dous das liñas máis importantes deste programa.

    O turismo e a vivenda asequible son as dúas protagonistas principais desta proposta. Outras das accións que se recollen no programa á a humanización do rural coa creación de espacios públicos. No ámbito cultural está previsto aumentalo número de museos e a creación de novas casas da cultura. A creación do edificio “Futura” axudará a fomentalo emprego na vila mediante bancos de oficio, viveiro de empresas etc

    O deporte e o benestar familiar tamén están presentes nesa proposta. A candidata do PP suliña que se trata dun programa factible. Outra das metas que se marca esta candidatura é a de conseguir que nos vindeiros catro anos Sanxenxo aumente a súa poboación á 20.000 habitantes.

    Redacción Salnés